* Camelias en Galicia *
 
As camelias son nativas da Chinesa, Xapón, Indo-Chinesa e de varias illas nos arredores deses países.
Durante a Dinastía Ming as camelias foron consideradas como " a flor máis fermosa que hai baixo os ceos" . En Xapón, durante séculos, foron unha parte máis da súa cultura diaria. Tsu-ba-ki é o nome japonés da camellia japonica, e, sa-za-n-ka´s da camellia sasanqua. Estas dous especies son o orixe de moitas das variedades hoxe en día coñecidas en Europa.
O nome de camellia foi estabelecido polo botánico sueco Carlos Linneo en recoñecemento polo traballo realizado polo xesuita Jorge J. Kamel que traballou durante moitos anos nas Illas Filipinas, onde morreu en Manila o ano anterior ó nacemento de Linneo. Os seus traballos foron publicados polos ingleses Roy e Petiner utilizando o seu apelido latinizado "Camellus".

 


Aínda que, ó asemellar, as camelias foron traídas a Europa dende Oriente polos misioneiros xesuitas, e por comerciantes portugueses, ingleses e holandeses, na Península Ibérica coñécense a partir do século XVIII, probablemente en Portugal coñecíanse dende o século XVII, xa que hai algunhas vellas camelias que alí aínda viven, é a partir da segunda metade do século XIX cando comenzase a mencionar en escritos a súa difusión por terras galegas, e a coñecerse e divulgarse debido ás diferentes Exposicións de Plantas que se efectúan.

É difícil esclarecer de onde procedían as primeiras camelias que foron chegando a Galicia, sobre todo os vellos exemplares que, aínda hoxe, adornan os xardíns dalgúns Pazos, como os de Figueroa, Torre dá Lama, Sta. Cruz de Rivadulla ou de Oca, onde neste derradeiro hai un espléndido exemplar de " camellia reticulata " que alcanza uns 15 metros, sendo considerado un dos máis antigos de Europa. Posiblemente foron traídas doutros países europeos, e incluso doutras zonas de España, xa que hai constancia escrita de que nalgún catálogo dun establecemento de Valencia a mediados do século XIX xa ofrecían esta especie de planta.

Nas Rias Baixas, o máis probable é que a súa introdución  viñese a través do veciño Portugal, especialmente do establecemento hortícola fundado por José Marqués Loureiro en Oporto en 1849.

Non hai moitas citas sobre a camelia en escritores galegos como Rosalía, Pondal ou Curros, a menciona Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez e, máis recentemente Lorca (Madrigal a Cibdá de Santiago), Cunqueiro e Ruibal.

O xénero está formado por máis de duascentas especies, das que destacan dous: a "camellia sinensis", antigamente " thea sinensis ", e a " camellia japónica " que é a que deu lugar á maioría das variedades de xardín que existen actualmente. En Galicia abundan os exemplares de "camellia japonica" e, en menor número, os de " camellia sasanqua " e "camellia reticulata ". Todas estas especies son arbolillos ou arbustos de folla perennne, opostas, coriáceas e lustrosas. A " camellia saluenensis " e a " camellia oleifera ", e outras especies que teñen importancia para a formación de híbridos, non son moi coñecidas en Galicia.
Das múltiples variedades de camelias, só preto de cincuenta desprenden algún tipo de fragancia, que nalgunhas é tan sutil e delicado que hai que prestar moita atención pra aprecialo.

A "camellia sinensis" ten flores pequenas e follas suaves, cultívase en moitos países para aproveita-las súas follas que se usan para a preparación do té. Un antigo escrito chinés menciona que se usaba o kutu (té) como medicina dende os tempos da Dinastía Shang (2700 a.c.)

A "camellia japonica" é unha arbolillo que chega alcanza-los oito metros de altura e as flores son inodoras. Algúns xardineros e xenetistas lograron transforma-los estambres en petalos creando fermosas flores. Istas variedades ó non ter estambres non forman froito, mentres na "sinxela" comunmente coñecida en Galicia como "brava", producen unhas cápsulas que ó madurecer e se abrir soltan as sementes.

Según o número e a disposición dos pétalos, as frores poden-se clasificar en sinxelas, semidobles, anémona, peonía, forma de rosa (doble incompleta) e doble, sendo esta derradeita a que ten as variedades mais apreciadas, aínda que calqueira dos tipos nomeados tenhen fermosas flores.

De acordo ó tamaño da flor clasifícanse da seguinte forma:

Miniatura: flor de menos de 5 cm.
Pequena: entre 5 e 8 cm.
Medio: entre 8 e 10 cm.
Grande: entre 10 e 12,5 cm.

A "camellia sasanqua" é máis pequena que a anterior, con follas miúdas, flores sinxelas e olorosas, acostuma florecer antes que a " c. japonica" xa que o fai en Outono. A etimología da palabra "sasanqua" é considerada unha variación fonética das palabras chinesas que significan "Mantan Tea Flower", así chamada por se usar para aromatiza-lo té, demostrando que é apreciada dende tempos moi antigos.

A ""camellia reticulata" aínda que na súa xuventude é máis pequena que a " c. japonica ", cos anos alcanza unha maior altura. As súas follas son máis puntiagudas, serradas e dun verde máis clareiro que na " c. japonica "; ten grandes e fermosas flores de os peta ondulados.

Tódalas camelias precisan para vivir un chan rico en humus, acedo, solto e que filtre ben o auga, ademais non soporta ben a luz solar directa todo o día, polo que estas condicións cúmprense en Galicia, sobre todo nas Ría Baixas, e aínda que na provincia de Pontevedra atopamos gran profusión delas, podemos dicir que en todo o litoral galego podémolas ver, xa sexa adornando pazos, heredades, xardíns ou hortas.

Actualmente a camelia é unha planta moi popular, contribuíndo á súa expansión o Concurso-Exposición Internacional da Camelia que cada ano, alternativamente, vénse celebrando en Vigo, Vilagarcía de Arousa ou Pontevedra, onde se expoñen as diferentes variedades e as novidades que se van creando.

Tento amosar nestas fotografías as flores das camelias "como eu as vin", pero o cor da flor é cambiante dependendo da composición do chan, da colocación da planta ó sol ou á sombra, do equipo fotográfico usado, etc...
Agardo poder reflectir nestas imaxes, unha pequena parte da fermosura desta flor.

"Camelias en Galicia"  mostra as fotos de flores tomadas en diferentes lugares de Galicia.

 

 


NOTA: O uso das imaxes non é permitido sen a autorización do propietario das mesmas.

© José C. García, 1999-2008